tag:blogger.com,1999:blog-91523322774821257242024-03-19T13:32:30.624+01:00mirar para este ladoreflexos de escritaUnknownnoreply@blogger.comBlogger11125tag:blogger.com,1999:blog-9152332277482125724.post-18186605693537308742009-05-25T17:52:00.003+02:002009-09-19T13:34:59.439+02:00cada cousa no seu sitiodurante unha tempada estiven utilizando o blog "en construción" a modo de páxina persoal.

alí compartín todos os poemas da serie "esca e pedra" e fun colgando tamén a información sobre as presentacións de construcións e outras actividades destes últimos meses.

agora abro un espazo novo para todos estes menesteres e o blog "en construción" queda para futuros proxectos de escrita na rede.

http://eduardoestevez.blogaliza.org

en simultáneo, manterei este blog que é espazo de reflexión literaria máis pousada e de actualización moitísimo menos frecuente.

e, cada cando me dá por aí, unha páxina de "jaiku".

agardo vervos por estas leiras cando vos preste.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-9152332277482125724.post-57254174083547615182009-05-22T10:31:00.003+02:002009-05-22T10:36:07.992+02:00o premio de carral na prensacopio aquí algunhas ligazóns a notas de prensa aparecidas até o de agora en relación coa concesión do premio de poesía concello de carral a eli ríos:

cultura galega.org
galicia-hoxe
a nosa terra dixital
concello de carral
axenda aelg

tamén saíu unha nota no ideal gallego pero a edición dixital é tan penosa que non é posíbel linkar a nova.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-9152332277482125724.post-8489821637018035202009-03-22T22:15:00.005+01:002009-03-27T10:11:17.027+01:00blogs de literaturaconvídame a xente do centro social de conxo, en santiago de compostela, a dar unha conferencia para estudantes sobre o tema "blogs de literatura".

estenderei eu o nome da conferencia engadíndolle un subtítulo: "literatura na rede"

xa que logo, vou postear as liñas xerais do que alí vou dicir. de paso, isto servirá aos alumnos inquedos que asistan á conferencia, para poder seguir por si mesmos os camiños que abrirei durante a charla.

por "blogs de literatura" pódese entender unha diversidade de fauna bastante grande.

empezaremos, logo, por ofrecer unha pequena clasificación (unha das clasificación posíbeis):

1) blogs que falan de literatura
2) blogs e páxinas web de autor
3) blogs-soporte de produción literaria
4) blogs-ferramenta de produción literaria

1) blogs que falan de literatura

dentro desta categoría, atopamos blogs de todo tipo. hainos que funcionan como espazo didáctico para a difusión de literatura ou de coñecementos sobre a literatura e blogs de actualidade literaria.

de entre os primeiros, podemos citar:
- xerais blog e o blog de editorial galaxia: centrados sobre todo no material publicado por cada unha das editoriais
- orella pendella: espazo de difusión da literatura popular (con interese especial na literatura para nenos)
- literactúa: blog do programa de fomento do libro do concello de carballo
- ferradura en tránsito: blog do crítico literario xosé manuel eyré

hai tamén os que eu chamaría "blogs de actualidade literaria": son espazos para a difusión e/ou a reflexión sobre as novas do sistema literario. en xeral teñen ramificacións a outros asuntos de actualidade cultural. algúns destacados:

- brétemas: do director de edicións xerais, manuel bragado
- a canción do náufrago: blog do escritor francisco castro
- cabaret voltaire: un dos primeiros blogs galegos de literatura (aínda que empezou con outro nome). da man de jaureguízar
- o levantador de minas: do crítico e poeta alfredo ferreiro.
- o blog do diario cultural: aínda que non é só blog de literatura senón de toda manifestación cultural en xeral, os contidos literarios son relevantes e de interese.
- lg3: canal de literatura de www.culturagalega.org

e despois hai toda unha variopinta diversidade blogóxica entre os que se encontran, por exemplo, das orixes de marzo (da crítica literaria helena gonzález), lándoa (do poeta, crítico e profesor universitario arturo casas) ou, varrendo para a casa, este mesmo blog ou a páxina www.luagris.net

2) blogs e páxinas web de autor
son estes blogs asociados a un autor que teñen produción literaria pero tamén outro tipo de información sobre o autor que o mantén:

- suso de toro
- xavier queipo web
- acuática de marta dacosta
- marilar aleixandre
- casatlántica de maría lado
- o porto dos escravos de mario regueira
- made in galiza de séchu sende
- rei de copas de xurxo sierra veloso

3) blogs-soporte de produción literaria
estes son blogs adicados a produción literaria. teñen a particularidade de que utilizan a ferramenta como espazo de difusión de textos que conservan as características formais da literatura tradicionalmente publicada en papel.
- dedos como vermes
- andar 21
- biblioteca virtual galega
- o cartafol de silencios
- haicu
- emogramas

4) blogs-ferramenta de produción literaria
estas tamén son bitácoras de produción literaria pero hai algo fundamental que as diferencia das anteriores: o medio non se utiliza só para a difusión do texto senón que o texto adquire novas formas explotando as posibilidades que o paradigma de internet ofrece para a produción de obxectos artísticos complexos. hai varios exemplos pero vou citar só algúns:
- tiñádelo que ver
- ferve a rede: un concurso on line de literatura erótica
- páxinas de maría de mallou (en youtube, en vimeo, en podomatic)
- estibalizes
- gerador de poesía galega de aduaneiros sem fronteiras
- corporación semiótica galega
- as túas balas
- igor lugris (blog e poemas visuais)
e, varrendo para a casa, en construción e esca e pedraUnknownnoreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-9152332277482125724.post-51571679078715825162008-11-05T11:14:00.003+01:002008-11-05T23:20:32.927+01:00na prensacamilo franco publica hoxe na voz un artigo sobre a aparición de construcións.

faise eco tamén vieiros.

e a revista dixital a voz de vilalba.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-9152332277482125724.post-67808719800819685182008-11-03T22:42:00.001+01:002008-11-03T22:42:24.926+01:00aquí estáxa está na rúa construcións.

hoxe pódese mercar nas primeiras librarías e, para comezos da semana próxima estará distribuído por todo o país.
comparto convosco a miña alegría.Unknownnoreply@blogger.com9tag:blogger.com,1999:blog-9152332277482125724.post-49871258413756853892008-10-27T09:41:00.000+01:002008-10-27T09:42:05.840+01:00igor lugrisigor lugris vén de publicar unha serie de poemas visuais nunha galería de flickr.

recomendo vivamente que visitedes a páxina e leades e miredes. e non só porque eu teña participación, dun xeito ou doutro, nalgúns deses textos ;-)

poesía viva.

(sinto repetir posts... este pagaba a pena poñelo en toda parte)Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-9152332277482125724.post-56799578692680871662008-10-13T16:27:00.000+02:002008-10-13T16:05:22.490+02:00literatura e sociedadesolicita berto que fale deste tema sobre o que, xustamente, estiven reflexionando estes días por iniciativa do amigo luís filipe cristóvão que me convidaba a participar do próximo encontro de escritores en torres vedras, convite que debín rexeitar por motivos que non veñen ao caso.

a verdade é que, diante do asunto "como inflúe a literatura na sociedade?" a resposta que primeiro me sae é "de ningún xeito".

a literatura, como case todas as artes, pasan, hoxe en día, completamente desapercibidas para a sociedade, entendendo esta como unha unidade. probabelmente poderiamos dicir que, certos ínfimos sectores ou contados membros da sociedade si son permeábeis á influencia da literatura pero non a sociedade como conxunto.

se cadra o cine pode ser a excepción a esta afirmación, sempre que aceptemos entender por arte todo produto cinematográfico, cousa que habería que poñer en dúbida.

a literatura, en todo caso, semella funcionar de modo próximo á sociedade pero non por necesidade desta senón daquela. é como unha formiga a carón dunha vaca. para a formiga a presenza da vaca é relevante e mesmo condiciona os seus movementos. pero para a vaca os movementos da formiga pasan desapercibidos, non se decata da súa existencia.

pregunta berto a continuación se a literatura pode influír nas teorías. aquí a resposta parecería quedar contestada coa afirmación anterior aínda que tampouco non se hai que chamar a engano.

como punto de partida, habería que acoutar o termo "teorías" na pregunta de berto. podemos entender que berto se refire ás "teorías" que configuran o paradigma da literatura. quer dicir: ás teorías da literatura. aínda que tamén podemos entender que se refire á teorización en xeral, á teorización que podemos chamar "pensamento filosófico".

a literatura, como toda forma de arte, evoluciona en función dunha serie de condicionantes internos e externos ao propio sistema. e toda teorización a propósito dun sistema, aceptado que parte dunhas premisas que son externas ao sistema, debería ter como obxectivo unha descrición do mesmo. isto é: a evolución das formas da literatura deberían necesariamente influír na súa teorización.

é esta influencia unha contradición a respecto da afirmación primeira ("a literatura non inflúe na sociedade")? penso que non.

a teoría da literatura é parte do propio sistema literario. a teoría da literatura describe os procesos da literatura pero tamén, dalgún xeito, fai parte dos entes que configuran o canon e, consecuentemente, inflúen nos procesos de produción da literatura non-teórica ou literatura de ficción (aceptados estes termos como imprecisos e discutíbeis pero útiles, neste caso, para diferenciar o ensaio literario do resto de escritas literarias).

xa que logo, a influencia que a literatura ten nas teorías parece quedar restrinxida ás propias teorías da literatura. isto é, a influencia da literatura non trascende o propio sistema literario.

a respecto da teorización "filosófica", á luz da historia a influencia dunhas teorías sobre outras circula na dirección fóra->dentro: o pensamento filosófico inflúe de maneira determinante nas formas de teorización da literatura pero non ao revés.

xa que logo, semella que nin a literatura nin as teorías sobre a literatura teñen influencia (determinante) fóra do sistema literario en si mesmo.

asumido isto (e entendendo "teorías" como "pensamento filosófico") a última pregunta de berto ("que vai antes a teoría ou a creación?") resulta inútil. pero se nos referimos só á relación entre a literatura de ficción e as teorías sobre a literatura, parecería lóxico supoñer que primeiro son as evolucións da literatura de ficción e que, tal e como comentaba no post anterior, estas evolucións son as que deben provocar a modificación das teorías para adaptalas aos novos contextos.

(que é o que provoca a evolución da literatura de ficción é asunto que non se pode abarcar neste post.)

é parecido ao funcionamento normal das gramáticas nas linguas normalizadas: os falantes (e os escritores) van fixando as evolucións da lingua e as gramáticas limítanse a describir usos.

de todos os xeitos, retornando á idea aquela de que, ao ser a teoría literaria unha parte do sistema e, en si mesma, un ente canonizador, pode ocorrer que os seus ditados tamén inflúan nos modos de facer literatura, debemos concluír que a teoría adaptando o paradigma ás evolucións da literatura de ficción é algo así como un romántico mundo perfecto. pero a vida é máis complicada.Unknownnoreply@blogger.com10tag:blogger.com,1999:blog-9152332277482125724.post-47263414467290987982008-10-13T10:04:00.005+02:002008-11-19T09:34:26.183+01:00ramiro fontenunca sei o que dicir nestes casos, así que mellor só un poema que escribín hai moitos anos a partir duns versos de ramiro fonte

portuario

adiviñas
é certo
a verde estiaxe dos regueiros

chegas puntualmente á cita

cada espertar
cada outono

explicas o retrato dos meus anos

sobre o pasamento de ramiro fonte:

nos blogs

brétemas
lándoa e recunca (e esta referencia a un artigo de pepe cáccamo)
a vella da manta
alfaias
uvas na solaina
o levantador de minas
cabrafanada
ferradura en tránsito
o cartafol de silencios

na prensa dixital

vieiros
la voz de galicia e admais e e
el correo gallego e mais e
europa press
xornal.com
el país e tamén e e
a nosa terra e
público
galicia hoxe e e e e e
faro de vigo
la opinión
abc
la vanguardia
el universal de méxico
A Voz de Vilalba

outras webs
xunta de galicia
na galipedia
praza das letras
ficha de autor en xerais (e bibliografía na editorial) (e no blog da editorial)
ciberdúvidasUnknownnoreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-9152332277482125724.post-92124390549859890452008-09-30T18:26:00.004+02:002008-10-13T15:50:08.692+02:00literatura e intervención social

pois reclamo: a literatura é un elemento de intervención social? ten capacidade para cambiar as teorías? que vai antes a teoría ou a creación?bertohttp://www.blogger.com/profile/16451566245264184298noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-9152332277482125724.post-64546983042188779812008-09-30T16:58:00.001+02:002008-10-13T15:50:25.583+02:00xénero bloga propósito da discusión acerca de se un blog é ou non é un libro, comentaba tati o outro día no encontro de novos escritores de mariñán que deberíamos considerar se un blog pode ser un xénero.

referíase tati aos blogs nos que se xuntan de modo aparentemente anárquico poemas, relatos, reflexións, fotos, etc.

tal e como dixen, este modo de construción literaria xa existía antes dos blogs. hai exemplos coñecidos mesmo en galiza. pero o blog, de algún xeito, multiplica as posibilidades do xénero até facelo case ilimitado (videos, ligazóns, etc).

entendido deste xeito, o blog pode entenderse como un xénero ou, como mínimo, como unha nova versión do vello xénero "caixón de sastre".

con todo, cómpre facer algunhas consideracións adicionais. non teño as ideas demasiado claras, penso que sobre todo isto aínda hai moito debate posíbel, pero vou deixar aquí uns apuntes e xa veremos en que dan.

- ademais dos blogs aos que se refería tati, existen outros que teñen un contido homoxéneo que é máis doado de encaixar nos xéneros de toda a vida: blogs de poemas, blogs de relatos, blogs de video-poemas, etc.

- nestes casos, poderíase equiparar blog a libro? tentar encaixar un blog dentro do vello concepto "libro" é ousado e constrinxe. un libro, tanto no seu formato tradicional de papel canto nos novos formatos electrónicos, adoita ser unha unidade con principio e final e, en xeral, demándaselle unha certa estrutura. un libro debería construírse coa mesma atención coa que se constrúe un poema (non é indiferente a orde dos textos no libro igual que non o é a dos versos no poema). o blog, en cambio, é unha construción en proceso permanente e de crecemento moito máis casual (non podes reordenar o seu contido, por exemplo).

- deberiamos pensar o blog como un construto novo. semellante nalgunhas cousas aos modos coñecidos pero diferente noutras. igual que un relato ten puntos en común co romance e puntos nos que se diferencian.

- por suposto que, ademais, cómpre considerar o blog como un soporte. neste sentido, o blog podería ser o soporte dun libro de formato clásico. pero, para iso, reclamaría unha serie de premeditacións (na estrutura, na intencionalidade) e un formato aprehensíbel (un comezo e un final). en calquera caso, esta é outra discusión.

- dende un punto de vista legal, un blog non é unha obra publicada. non pode rexistrarse de ningunha maneira e non é obxecto da lexislación ao respecto. pero esto non quere dicir nada máis ca iso: a lexislación deberá adaptarse a este novo formato-soporte-xénero porque, tal e como está na lei de propiedade intelectual, o seu contido é obxecto de protección. eludindo o debate sobre a oportunidade social, económica, histórica ou cultural dos dereitos de autor, penso que a lei evolucionará até contemplar dalgún xeito o blog pero isto non ocorrerá mentres os propios estudos da literatura non senten unha serie de criterios de partida.

se se tercia (e sempre que o berto mo reclame), irei posteando sobre cada unha destas cousas. tempo ao tempo.Unknownnoreply@blogger.com13tag:blogger.com,1999:blog-9152332277482125724.post-1177248712078041272008-09-30T13:04:00.004+02:002008-10-13T15:49:52.488+02:00blog ou libro?bertohttp://www.blogger.com/profile/16451566245264184298noreply@blogger.com0